QUENES SOMOS

A Asociación “Espazo Agroecolóxico A Estruga” créase coa idea de aportar solucións sostibles e creativas para un óptimo e perdurable aproveitamento, a tódolos niveis, do noso Medio Rural. Facémolo dende un punto de vista agroecolóxico onde importan, e moito, as plantas, os animais e as persoas.

Cremos no potencial que o noso patrimonio natural e sociocultural ofrece

Cremos profundamente no potencial que o noso patrimonio natural e sociocultural ofrece para impulsar e xestionar accións baseadas nos principios de equidade social, económica e ambiental cós que xerar alternativas que enriquezan e valoricen a nosa contorna.

Deste xeito, considerámonos participes da Economía Verde pola que apostamos como verdadeiro motor de cambio para mudar a actual situación global aportando có noso proxecto que conta con técnicos e profesionais dos eidos agrario, forestal e alimentario.

Scroll to Top