QUEIXERIA DON GABINO (san Simon)

Queixeria Don Gabino ten os seus comezos nos anos 90, da man de Gabino e Esther,e dende o 2014 colle o relevo a sua filla Cristina. Segue sendo unha miniqueixeria artesa como nos seus inicios. Está situada no barrio de Augarrio na parroquia de San Simon da Costa.

Os productos que se elaboran nesta queixeria son:

• •

O Queixo de San Simon da Costa, e un queixo feito con leite de vaca, curado (minimo 45 dias) e afumado con madeira de abidueira. Conservase ata 1 ano dende a data de elaboracion. Fabricase en pezas que oscilan entre 900 e 1200gr.

O Bufon e o San Simon da Costa en tamaño pequeno, de 600 gr. aproximadamente, a sua curacion e de 30 dias minimo.

Queixo “tipo galego” ou “do pais”, este queixo e de leite de vaca, curacion minima 10 dias. Conservase ata 6 meses. Fabricase en pezas de 800 a 1100 gr. aproximadamente.

E por se hai clientes que nos lles gusta o afumado como o San Simon da Costa nin cremoso como o do pais, temos a barra de 1300 gr. aproximadamente, a sua curacion e de 15 dias minimo. Conservase ata 1 ano.

Scroll to Top