FORMACIÓN E DIVULGACIÓN AGROAMBIENTAL
Traballamos para asentar os nosos principios dende a educación. Dirixímonos, sobre todo, a colectivos coma centros escolares, asociacións, administración… que queiran organizar ou realizar actividades formativas e xornadas divulgativas.
Propoñemos unha serie de cursos, xornadas e obradoiros onde pretendemos desenvolver unha labor de información e aprendizaxe xa que consideramos a agroecoloxía un xeito de vida alternativo, polo tanto, posibilítanos para plantexar dinámicas alternativas para o cotiá e de ocio sustentable.
“A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambialo Mundo.”
Nelson Mandela
As nosas propostas son:
Obradoiros
- Obradoiro do gusto. Cociña saudable para tod@s.
- Obradoiro de conservas artesanais.
- Obradoiro de preparados naturais para a horta familiar.
- Obradoiro de extracción, conservación e intercambio de sementes.
Cursos ou xornadas
- Agricultura ecolóxica.
- Horta familiar ecolóxica.
- Recoñecemento de plantas aromáticas e medicinais.
- Xornada micolóxica (outono).
- Agroecoloxía, alimentación e consumo.
- Podas e enxertos (en tempada).
- Compostaxe.

ASESORAMENTO E CONSULTORÍA AMBIENTAL
A situación actual do estado de saúde do planeta, fortemente ligado á explotación mundial intensiva dos recursos naturais, fixo que moitos reflexionemos sobre como queremos construír o noso futuro. Esta Revolta Verde que estamos a vivir, fixo que moita xente mirase ao rural coma unha seria alternativa ou complemento ao seu xeito de vida.
Moitos dos que se interesan por coñecer as posibilidades que ofrece, a tódolos niveis, o medio rural descoñecen ou non saben por onde comezar para a posta en marcha do seu proxecto. A nosa labor é aconsellar sobre prácticas sustentables coa finalidade de impulsar dinámicas que apoien este tipo de accións, é dicir, para axudar a facer unha xestión responsable dos nosos recursos, acompañando ás persoas ou colectivos que precisen do noso servizo.
“É máis doado desintegrar un átomo que un prexuízo.”
Albert Einstein
Ofrecémonos para:
- Asesoramento e consultora en fincas e xardíns: posibles aproveitamentos, control biolóxico de pragas, optimización de recursos…
- Asesoramento e consultora en produción e comercialización de produtos ecolóxicos.
- Asesoramento e consultora en desenvolvemento rural: dinamización de granxas, optimización do patrimonio, turismo sustentable…

PROXECTOS PARA O DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE
A conciencia ecolóxica xa leva anos instaurada en Europa en moitos aspectos da vida cotiá da xente. Por iso, cando falamos de
Desenvolvemento Sustentable, referímonos non só ao sector agroalimentario, senón tamén ao turismo, ocio, educación, industria
A chave está nunha óptima xestión dos recursos locais. Estes ofrecen unha enorme posibilidade para o asentamento de propostas e actividades que xeren beneficio non só no plano económico, como a organización de cooperativas, mercadiños ou feiras, senón tamén a nivel social, como a creación de roteiros, aulas de natureza ou hortas sociais, e a nivel medioambiental, co impulso de integrar as boas prácticas da agroecoloxía a través da concienciación có fin de contribuir á conservación da nosa terra.
“Agora non hai modelos, pero son o camiño.”
Fernando Oliveira Baptista



