MARTA VÁZQUEZ ROUCO ( Noche )

Chámome Marta e son de Noche, Vilalba, onde teño a miña explotacion gandeira de carne, traspasada pola miña nai.

Nos proximos anos irei diminuindo en gando e aumentando en horta, polo que a miña producion cara a venda na Praza será de HORTA.

O que cultivo para vender, polo de agora e:
– pataca amarela de duas variedades: Agria e Caesar,
– grelos,
– chicharo da Cova (variedade autoctona)
o resto e para autoconsumo, con excedentes segundo a tempada.

Para o manexo dos cultivos combino o saber facer da miña familia co asesoramento agroecoloxico de A Estruga, estou disposta a restaurar o equilibrio dos terreos e apostar pola diversidade.

A miña preocupacion pola saude e calidade da terra e un xeito de vida. Vai ligado á saude das persoas, da miña familia e demáis persoas consumidoras dos produtos que a terra nos dá. Se estos produtos van directos dende produtor a consumidor, ámbolos dous saen gañando. Cun punto de venda na Praza podese chegar directamente a máis xente e darse a coñecer.

Scroll to Top