A MAR DE BON (Lanzos)

Baixo este nome encontrase dous productos ben diferentes: MEL e o fungo chamado SHIITAKE.

Este proxecto xurdiu coa idea de mudar o paradigma de crear un futuro no rural galego, porque estamosa ser testemuñas directas da perda de poboacion , sevizos e opcion laboráis na contorna.

Os nosos productos :

MEL: Temos un mel de montaña colleitado o abeiro da Serra da Carba, maioritariamente procedente de breixos e silvas ,presenta unha cor roxiza escura ,tenun sabor doce con toques amargos ,salgados e acidos.

E boa tanto para comer asi ou facer pratos doces sustituindo o azucre ou combinacions doce- salgado.

SHIITAKE:E un fungo de orixe asiático que ten o sombreiro convexo de cor variable ocre pardento claro a pardo –vermello .Tamen son frecuentes as escamas de tamaño variables ,sobre todo na periferia. Teñen láminas debaixo do sombreiro e o pe e curto.

Cultivamos este fungo porque está considerado un alimento excpcional, polo sabor e polas suas propiedades nutricionais.Tamen e usado na industria farmaceutica polas suas aplicacions medicinais poden ser :

– Anti-cancro.

– Anti-oxidante.

– Anti-infeccions.

– Hormona do crecemento.

– Reduce o colesterol e a presion arterial.

– Baixo en calorias,alto en proteinas ,ferro,fibra,minerais e vitaminas.

Podese consumir de xeito fresco ou deshidratado. E axeitado para usar en todo tipo de recetas,xa sexan sopas ,caldos ,pratos de carne,pasta,arroz e incluso peixe.

A produccion de SHIITAKE faise sobre polas de carballo da contorna. Frente a este proxecto esta unha muller labrega chamada Maria del Mar Trastoy Ares.

Scroll to Top